No items found.
Illustration

Soños

Carla Domínguez Méndez

Project year: 

2022

Integrated Project

Soños nace do meu reto persoal de facer unha animación e ao mesmo tempo o desexo ou necesidade de abandonar o convencional. Isto deu lugar a que o meu proxecto final de ilustración fora unha animación experimental.

Para realizala mesturei técnicas tradicionais e dixitais, usei gouache, lápices de cor e recortes de papel para os primeiros bocetos, storyboard e as ilustracións finais e, por outro lado, as probas de movemento, montaxe e animación final realiceinas usando Photoshop e Openshot.

Ao ser a miña primeira animación tiven moitos momentos de desesperación e ,ao final, o traballo consistíu en ir probando e fallando ata acadar algo satisfactorio. Este proceso xa de por si é bastante experimental pero a maiores engadín algunhas esceas que fixen coatécnica cut-out, un método coñecido no mundo da animación deste estilo.

A historia, por outro lado, parte dun soño que tiven no cal estiven cavilando máis dun ano e este proxecto serviume para sacarmo da cabeza. Aínda así non quería plasmar a miña historia directamente, preferín manterme na liña experimental e facer que a ambigüedade da narrativa dera lugar a interpretacións variadas e únicas.

Correo electrónico: dominguezmendezcarla@gmail.com

Instagram: @Alien.218

Go to project cover