No items found.
Illustration

Nino Saturnnino. Adventure in Commodore

Luismi Ramos Silva

Project year: 

2022

Integrated Project

Nino Saturnino, é un híbrido entre novela e cómic. Isto funciona cunha lectura acompañada de texto e viñetas que acompañan a historia. Deste modo, necesitas ler tanto o texto como as viñetas para entender o 100% do contido, posto que se complementan. Está dirixido a un público de 8 ou 9 anos en diante, mais é disfrutable por todas as idades. Presenta acción, intriga, traxedia e sobre todo comedia. A nivel técnico, foi un proxecto moi complicado de levar a cabo, posto que escribín a novela en pouco máis de dúas semanas e media, reescribín todo e fixen o storyboard e bocetos nun mes e case toda a parte de cómic noutro mes. En total foron 136 páxinas, dentro das cales, arredor de 30 son de cómic.

SINOPSIS:

Nino, un taxista interdimesional, sufre un altercado cun malvado alieníxena misterioso. A causa disto, caen os dous nun planeta, Commodore, o cal está habitado por robots. Nino descubre que o antagonista lle roubou a peza do taxi a cal lle permite viaxar entre dimensións. Unindo forzas con outros 3 cidadáns de Commodore, intentarán recuperala e parar os misteriosos e malvados plans do antagonista, mais unha serie de problemas e traxedias farán da vida de Nino unha tortura.

Go to project cover