No items found.
Interior Design

Librería Recunchos-Café

Xiana Álvarez Riveiro

Project year: 

2023

End of Studies Project

Proponse a renovación deste local para adaptalo ao uso público  de librería-cafetería coa incorporación dun espazo de lectura e descanso.

Este espazo estará dirixido a persoas que queiran gozar coa lectura ou traballar no seu ordenador nun ambiente silencioso e acolledor, que sirva de evasión do día a día.

Funcionalmente debíase  resolver no local escollido un organigrama formado por: unha zona de librería co seu  espazo de atención ao cliente, unha zona de lectura/descanso, servizo de cafetería e bar de atención ao público, unha zona de posibles charlas, clubs de lectura..., aseos accesibles para os usuarios e zonas privadas reservadas ao persoal que serán aseo e almacéns (un para libros e outro para utensilios de alimentación e cafetería).

O deseño xeral do local céntrase en buscar un espazo fácil de percorrer, no que sexa o propio mobiliario o que te vaia guiando. Para iso, xogaremos tanto coas formas formas coma coas alturas e materiais.

Todo o local manterá a mesma estética, quérese mostrar que, a pesar de contar con zonas marcadas polos diferentes  elementos de mobiliario e decoración, están todas conectadas, polo que se utiliza un pavimento continuo de microcemento que acompañará ao usuario, se este o desexa, desde unha  entrada a outra, guiándoo por todo o espazo. As paredes pintaranse de beige claro, centrando a atención nos elementos coloreados como o mobiliario de madeira ou o panel acústico.

Para este local escóllese o nome “Recunchos Librería-Café”. Esta palabra galega significa: un lugar pequenas dimensións, xeralmente en ángulo ou nun lugar un pouco separado dentro dun local, cuarto... que é exactamente o que se busca con todo o deseño, xerar pequenos recunchos dentro dun gran espazo.

Go to project cover