No items found.
Artistic Joinery

Mesa ODESSA

Jaime Vázquez Carnero

Project year: 

2022

Integrated Project

Material: freixo e cerdeira

A construción da mesa "Odessa"parte da premisa de elaborar unha mesa auxiliar de gran tamaño, na que predomine a polivalencia de usos.

O seu nome fai referencia á cidade de nacemento de Vasili Kandinsky, pintor abstracto cuxa obra inspira a composición figurativa do mesado. Figuras xeométricas básicas, desordenadas anarquicamente, achegando dinamismo e sinxeleza ao deseño.

As patas inclinadas en estípite, así como o suave biselado do taboleiro, dan lixeireza á peza a pesar do seu tamaño.

Concibida para ser usada de forma activa, a súa forma sinxela permite ser empregada como mesa de escritura, ou mesmo para comer.

A combinación de madeiras de freixo e cerdeira, con tonalidades contrastadas, axústase a remarcar o seu estilo moderno e á vez atemporal.

Go to project cover