No items found.
Artistic Joinery

POLA hanger

Fernando Garcia Gonzalez

Project year: 

2022

Integrated Project

Material: Chapa de okume e noceira

POLA é un colgadoiro de parede cunha clara inspiración na natureza.

É unha peza que conxuga un carácter escultórico e funcional.

Influenciada polo movemento organicista, as súas curvas suavizadas e as súas formas irregulares tentan imitar o crecemento dunha árbore, dunha das súas ramas. O resultado é unha forma cargada de dinamismo e continuidade que vén dada polo predominio da liña curva.

O colgadoiro constrúese a partir de cinco láminas de chapa de okume, que son moldeadas con axuda dunhas cuñas fabricadas con madeira maciza. Grazas a estas pezas e ao estudo da curvatura conseguimos definir a súa forma. Dividido en dúas partes: o encabezado con forma de folla é un elemento que imprime carácter ao deseño e por outra banda está o corpo, onde aparecen os colgadoiros.

POLA é unha peza visual, cun marcado carácter escultórico que pretende achegar un pedazo da natureza ao noso fogar.

“En cada paseo pola natureza, un recibe moito máis do que está a buscar”

-John Muir-

Go to project cover