No items found.
Interior Design

ARS

Alba Gulín Oliveira

Project year: 

2023

End of Studies Project

ARS é un espazo para crear, compartir e desfrutar da xoiaría personalizadas.

Foi creado para converterse nun lugar no que o cliente poida ver o proceso de creación das xoias e formar parte del se así o desexa, un lugar onde amosar a arte do aprendido coa práctica, como indica a orixe do seu nome.

Funcionalmente, o local debía quedar resolto cun organigrama formado polas distintas zonas públicas: zona de venda de xoias, zona de exposición de creacións propias e zona de proba de xoias; zonas de uso privado como coworking, obradoiro, vestiario e aseo; Tamén hai zonas reservadas para o persoal como almacéns e recepción.

Formase unha separación mediante 3 columnas que se encargan de dividir a zona de tenda e exposición da zona de traballo onde se sitúa o coworking. Decídese rodealas dun "fío metálico" dourado. Ese fío de latón co que se rodea unha xoia aparece como elemento decorativo e divisorio, dotando de carácter e personalidade ao espazo.

Con esta división conseguimos un espazo dirixido unicamente ao público, esta zona está formada por varias seccións coas súas diferentes funcións: unha é a exposición de xoias que está permanentemente á venda na tenda, que se sitúa na zona central; Outra sección, vencellada á anterior, é unha zona onde as persoas interesadas nalgún complemento teñen un lugar para sentarse e probalo, afastadas da circulación do resto da tenda.

Por último, nesta parte tamén atoparemos un apartado exclusivamente expositivo, onde se expoñerán temporalmente as creacións dos usuarios do coworking, para mostrar a súa arte ao público.

Do outro lado do “fío dourado” atopamos a zona de traballo, coworking e obradoiros, onde ademais de deseñar e elaborar as súas xoias, os usuarios que o desexen poderán adaptar o espazo e, eventualmente, utilizalo para impartir obradoiros ao público.

As zonas privadas son unha zona de traballo onde se almacenarán os materiais e ferramentas que se poidan necesitar, unha pequena zona de descanso, vestiario e aseo.

Go to project cover