No items found.
Photography

dignity

Maider Pumariño Riguera

Project year: 

2022

Integrated Project

O proxecto DIGNIDADE nace coma unha homenaxe aos meus avós, finados, e á mestura de sentimentos que me transmitían ao compartir tempo con eles: o meu respeto, certo fondo de angustia e dor, o sacrificio, a dureza, a resignación, o silencio…

Así, o proxecto convírtese nunha homenaxe que se extende a toda unha xeración pola que sinto gran admiración e que considero que merece ser honrada.

Son aqueles que medraron na escaseza e as dificultades, viviron a época da guerra e a posguerra desde os ollos dun neno ou nena, perderon a pais e irmáns, e criáronse entre a fame, a dor e o medo.

Como adultos trataron de adaptarse ao sistema, mantendo a cabeza baixa e traballando duro, exemplo de resignación e sacrificio, e cadaquén saindo adiante como puido. E agora, na recta final da súa vida sinto que son os máis olvidados, igual de silenciosos e igual de resignados, resistindo no seo dunha sociedade cada vez máis superficial. E por todo iso, para min é unha xeración esquecida e admirable.

DIGNIDADE é unha serie de 10 retratos de anciáns da vila na que vivo. As circunstancias sanitarias provocadas pola aparición da COVID-19, e eles, como un dos sectores da poboación máis castigados durante a pandemia, fan que me decidira por elixir a usuarios da Residencia e Centro de Día “O teu Fogar” de Foz como os modelos para fotografar nesta homenaxe.

O proxecto érgueuse en torno a tres eixes, comúns para os retratados e retratadas, aspectos que simbolizan o que para min representa esta xeración e o que quero transmitir deles: o coñecemento do que importa de verdade, a aceptación da realidade e a súa pel como o mapa dun percorrido vital.

DIGNIDADE ten unha finalidade artística e un único propósito: unha actuación en e para a comunidade. O obxectivo é darlle visibilidade e recoñecemento a 12 persoas concretas que simbolizan a unha xeración completa. Para levar a cabo este fin plantexo dúas fases sucesivas e complementarias, a través de dúas ferramentas.

A primeira ferramenta, máis tradicional, é unha exposición conxunta das imaxes nunha sala de exposicións. Á carón de cada imaxe vai colocada unha cartela na que unhas liñas de texto dan conta de quen é esa persoa que aparece no retrato.

A segunda ferramenta, penso que máis conceptual e innovadora, é unha acción que consiste na mostra das mesmas imaxes en lugares de relevancia, os lugares que se gardan para os retratos oficiais en casi calquera institución. Así, o lugar destinado noutrora á fotografía do Rei será agora ocupado durante un tempo polo retrato dunha persoa maior do pobo. O importante aquí é onde se coloca a imaxe e por qué, para convidar á reflexión.

Go to project cover