Image gallery
No items found.
No items found.
No items found.
No items found.
Events
 · 
Palestras

Conde Corbal. Obra gráfica.

by

address

Published on

07/02/2024

Data: 27 de febreiro ás 12:00h

Lugar: No Salón de Actos da EASD

Acto organizado polo EDLG da EASD Antonio Faílde.

O martes 27 de febreiro visitaranos X. Antón Castro, licenciado en Filosofía e Letras e en Literatura Francesa e doutor en Historia da Arte. Membro da Asociación Internacional de Críticos de Arte de París, foi profesor de arte contemporánea e impartiu mestrados e cursos en diferentes universidades. Colaborou en varias revistas de arte, pensamento e literatura, comisariou máis de sesenta exposicións por todo o mundo e escribiu unha vintena de libros sobre arte e artistas actuais. Nos ultimos anos foi director do Instituto Cervantes de Milán e do Instituto do Patrimonio Cultural de España.

X. Antón falarános da obra gráfica do pintor e gravador Xosé Conde Corbal (1923-1999), de quen o pasado ano se celebrou o centenario do seu nacemento con actos e mostras en varias localidades do país. Conde Corbal legou unha inxente obra na que abordou unha temática diversa, desenvolvida en diferentes técnicas e soportes con grande sensibilidade expresiva. Podedes consultar a súa obra na web www.condecorbal.com. A súa obra gráfica ten moita relevancia desde o punto de vista estético e técnico pero tamén, especialmente, no que supón de continuidade de compromiso coa cultura do país recollendo a testemuña da xeración Nós. Algúns membros deste grupo e outros insignes galeguistas foron guia e mesmo colaboradores do artista, como Vicente Risco, R. Otero Pedrayo, Xaquín Lorenzo, Ferro Couselo, Celso Emilio Ferreiro, Isaac Díaz Pardo, X. Neira Vilas ou Carlos Casares. Así, Conde Corbal desenvolveu unha exhaustiva labor de rexistro expresivo e difusión do patrimonio cultural e natural galego a través de milleiros de gravados sobre etnografía, cultura material, paisaxes, monumentos, flora e fauna.

Outros fitos importantes da súa produción gráfica foron as series de gravados sobre a obra de Valle-Inclán e a súa aportación á memoria histórica na serie O Fardel da Guerra. Estas láminas foron reeditadas como libro en 2023 pola Exma. Deputación Provincial de Pontevedra que amablemente fixo doazón dalgúns exemplares á nosa escola e que serán entregados ao alumnado de Ilustración e Deseño Gráfico con mellor rendemento académico do primeiro cadrimestre deste curso. Existen tamén exemplares dispoñibles para a súa consulta na biblioteca do centro.

Podes descargar aquí a presentación

Go to the news front page
Events
 · 
Palestras
WATCH LIVE

Conde Corbal. Obra gráfica.

Unha palestra do doutor en Historia da Arte X. Antón Castro. O 27 de febreiro ás 12:00h na EASD.

Video gallery

Image gallery

No items found.
No items found.
No items found.
Return to the news page →